Wednesday 01 de May de 2024

Curso de prevención de riscos laborais no sector agrogandeiro impartido no Concello de Ordes


O Concello de Ordes acolle ata o vindeiro venres o curso “Prevención de Riscos Laborais en explotacións agrogandeiras”. Un total de 20 persoas asisten a este curso, que se celebrará dende as 15 ata as 19 horas, está impartido polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA). O programa desta actividade inclúe tamén coñecementos relacionados cos primeiros auxilios no sector agrogandeiro.

Estes cursos están cofinanciados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través do Pan de Desenvolvemento Rural Sostible (AGADER).